jueves, 9 de septiembre de 2010

Intensa actividade na conservación de camiños e viais ao longo do verán no Concello de Fene

O Concelleiro de Obras José Antonio López amósase contento da intensa actividade do Concello este verán nos traballos de rebacheo, asfaltado e limpeza de cunetas. O edil califica a operación de satisfactoria.

O edil acusa á oposición de manipular a información e de contar medias verdades sobre os traballos nos camiños

O delegado de obras afirmou que seguirán os traballos de mantenemento dos viais do Concello nos próximo días, como se fixo ao longo de todo o verán.
O alcalde de Fene Iván Puentes destaca o esforzo do Concello nestes momentos de crise e de dificultades económicas coa idea de manter os servizos e as infraestructuras necesarias para as veciñas e os veciños de Fene.

A Concellería de Obras e Servizos de Fene informa que ao longo dos meses de xullo e agosto asfaltáronse os lugares de Buio, Belelle, Lagarteira e a subida a Lubián na parroquia de Sillobre. En Barallobre asfaltáronse o camiño das Chousas, Cocallo e a rúa de Loira a Castro. Na parroquia de Fene tamén se asfaltou o camiño de Formosende mentres que na parroquia de Maniños fixéronse os traballos de asfaltado en Os Casais e a corredoira do Medio. En Limodre o asfaltado produciuse no camiño de Lourenzá.

Polo que respecta ao rebacheo, o Concelleiro de Obras e Servizos informa que se realizaron estes labores na Avda do Mar, Tellerias, Casa da Cultura, A Torre e adxacentes, aparcamento de Eroski en Tarrío, o campo de fútbol de Os Pinares en Perlío, Santa Ana en Fene, Río Cádavo, Rúa Belelle, Rúa Barreiro, Rúa Marraxón, na zona do local social de Magalofes, a rúa Visura, a rúa Souto, da Ribeira, a rúa Unión, a rúa da Pomba, a rúa Torreiro, a rúa das Chousas, accesos á praia de Almieiras e a rúa Romariz. O edil espera continuar con estas obras nos próximos meses conscentes no Goberno de Fene, da necesidade do mantenemento dos viais, cara a unha mellora da calidade de vida dos feneses. O concelleiro acusa á oposición de manipular a información e de contar medias verdades aos veciños sobre os traballos nos viais. Pola súa banda, o alcalde de Fene Iván Puentes destaca o esforzo que fai o Concello nestes momentos de crise e de dificultades económicas coa idea de manter os servizos e as infraestructuras necesarias para as veciñas e os veciños. O rexedor fenés recalca que o seu goberno seguirá nesta senda.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario