No BNG de Fene recibimos moitas queixas de veciños que afirman que que varias rúas do centro de Fene levan días sen alumeado público durante a noite.
Concretamente está fin de semana poidemos observar como a Rúa da Fraga e as rúas perpendiculares á mesma desde a rúa do Concello á Avd Marques de Figueroa permaneceron apagadas durante a noite da fin de semana. Este feito vense reproducindo nos últimos días. O Grupo municipal do BNG transmitirá hoxe por escrito estes feitos, agardando que o goberno local arranxe estes problemas o máis axiña posible.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario