O 21 de agosto do ano 1910 centos de persoas reuníanse en San Marco (Sillobre) nun dos primeiros actos públicos do agrarismo galego. A vocación transformadora daqueles "solidarios" foron o xermolo político do nacionalismo galego. O movemento agrario foi un movemento de masas no cal o campesiñado participou activamente a través das sociedades agrarias e de sindicatos agrícolas no primeiro terzo do SXX. En 1907 nace Solidaridad Gallega cun ambicioso proxecto político-sindical con obxectivos como loitar contra o sistema foral e contra o caciquismo ademais de promover a renovación técnica do sector agrario galego.
As Asembleas locais do BNG de Fene e Cabanas organizan uns actos de conmemoración do centenario do mitin de San Marcos o vindeiro sábado 21 de agosto ás 12:30 habera unha ofrenda floral e unha intervención política no adro da Capela de San Marcos na mesma falarán os Portavoces municipais de Fene e Cabanas, Manuel Polo e Xosé Manuel Sardiña respectivamente, pola tarde continuaran os actos cun torneo de Billarda ás 17:00 na pista polideportiva de Lavandeira, no concello de Cabanas, para seguir ás 19:00 no local da A.v.v. Santo Marco, coa proxección do documental AFRANIO protagonizado por Luis Tosar e dirixido por Victor Coyote. Este documental conta a historia espectacular da intelixencia para sobrevivir dunha das voces agraristas impulsoras do Estatuto de Galicia do 1936, Antón Alonso Ríos. Ao reamate do documental haberá un coloquio co propio director, Victor Coyote, e Manuel Monge, membro da Comisión pola recuperación da memoria Historica da Coruña.
Desde o BNG convidamos a participar neste acto a todas as persoas interesadas especialmente aos veciños e veciñas de San Marco, Sillobre e Lavandeira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario