jueves, 26 de agosto de 2010

O BNG apoia á ANPA de Limodre no rexeitamento ao peche da escola.

Fene 26 de agosto de 2010.- O BNG de Fene apoia as demandas da ANPA da escola de Limodre. Para os nacionalistas o peche da escola é unha decisión unilateral da Xunta de Galiza sen unha comunicación previa á comunidade escolar nin ao concello. As políticas do PP estanse a materializar en Fene non cunha conxelación dos servizos públicos, senon cun recorte real en materia educativa tal como recolle o DOG do pasado 23 de agosto que suprime literalmente "15006250 EEI de Limodre Coruña (A) Fene ", polo que lle esiximos ao PP de Fene que se ten unha información que invalide o publicado que o diga, e senon que non mintan dicindo que se trata dunha decisión provisional.

Os nacionalistas tiñamos previsto preguntar hoxe na Comisión informativa de dinamización social por esta cuestión, pero cal é a nosa sorpresa cando vemos que non hai convocatoria porque”non hai temas importantes”.

O BNG a traves do seu representante no Consello escolar Municipal, Edgar Vigo, solicitou hoxe por rexistro unha convocatoria urxente deste órgano de representación educativa para ter unha posición común neste tema e tamén para coñecer se o concello arranxou todas as peticións e necesidades dos diferentes centros de ensino.

Para o portavoz do BNG no concello, Manuel Polo, “nin PP, nin Psoe están a pensar na xente cando uns por acción e os outros por omisión pretenden pechar unha escola sen escoitar nin falar cos afectados”

Aquí les dejo el enlace del Diario Oficial de Galicia

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario