martes, 3 de agosto de 2010

A falla de transparencia leva ao BNG a rexeitar a aprobacion de facturas por 95.000 €

A propia intervención municipal advirte das irregularidades nas facturas e nas súas contratacións.

Fene 3 de agosto de 2010.- No Pleno extraordinario celebrado hoxe no concello de Fene o alcalde Ivan Puentes incluíu na orde do día, ademais do propio orzamento municipal de 2010, facturas por máis de medio millón de € procedentes de exercicios anteriores (2007, 2008 e 2009). Desde o BNG vimos denunciando a lentitude nos pagos que está a realizar o goberno socialista de Fene que está a lastrar a moitas empresas polo avultado das débedas.

O BNG debido á carencia dunha explicación razoable e xustificada na Comisión informativa de facenda do contido do expediente extraxudicial de créditos* 4/2010 e tendo en conta a reiteración do noso Grupo municipal da necesidade de ter memorias valoradas ou cando menos tres orzamentos para a realización de obras, servizos e arranxos, visto que, na liña de ocasións anteriores, séguese a gastar por riba do orzamento e se reitera por parte do Presidente da comisión a realización de propostas de aprobación de facturas que se saltan todos os criterios legais é polo que presentamos unha enmenda a este expediente extraxudicial de créditos. En decembro de 2009 xa deixaramos sobre da mesa facturas de difícil xustificación por un montante de 32.000€. As explicacións recibidas destas facturas incrementan a nosa intranquilidade.
Son tres tipos de facturas as que paralizamos por ser necesaria unha explicación,
1) Obras e reparacións, que carecen de memorias valoradas asinadas por un técnico, carecen de proposta de gasto e carecen de tres orzamentos. Ademais desde o GM do BNG descoñecemos si estas obras están realizadas ou non.

2) Servizos, existen facturas de limpeza de edificios sen contrato de ningún tipo que vulneran a lei de contratos do sector público, pero o que máis nos preocupa e que existen servizos duplicados ou edificios como o Pavillón do Ramo que levan tres anos pechados e se factura pola súa limpeza. Neste apartado, de servizos prestados, existe unha factura de máis de 17000€ do Instituto de formación da UGT(Institución de formación e estudios sociais) por prestar servizos nun curso "fantasma" no que o concello gastou en total 69.000€. Por último neste grupo de facturas de servizos de dubidosa realización están as relativas ao Programa “Entre nós” do que existen 4 certificacións de case 12.000€ en total e dos que non existe resultado algún ou non se nos quixo explicar.

3)Gastos protocolarios, paralizamos facturas por 384,22 € de comidas nas que no ticket ou factura indicábase unha obxeto do xantar e logo o alcalde explicounos outro obxeto diferente.

O importe total das facturas e de , para que se nos dean as explicacións necesarias si é que existen.

O expedente extrxudicial enmendado polo BNG prosperou cos únicos votos do PSOE.
O portavoz do BNG Manuel Polo esixille ao goberno de Puentes que leve urxentemente todas as facturas pendentes, que as expliquen e que se procede as leven a aprobar.


*(é como se denomina o feito de aprobar facturas de exercicios anteriores, estas son as únicas facturas que son competencia de aprobación do Pleno, xa que alteran a natureza do orzamento municipal)


Para visualizarlo y descargar pincha aquí


.

No hay comentarios:

Publicar un comentario