Daniel Bellón e Diego Maceiras –responsables do Quinteto Bellón Maceiras– amplían as actividades da interpretación ao ensino a partir do mes de setembro. Así, o acordeonista Diego Maceiras salienta: “tivemos a idea de montar a escola vendo que había demanda e que en Fene non hai centros musicais deste tipo. A nosa pretensión non é crear un conservatorio, senón que a xente domine un instrumento tanto como para animarse a montar un grupo ou polo pracer de tocar para un mesmo”. A escola, que abrirá en setembro, está ubicada en Antonia Montero nº11, baixo, a rúa que dá ao apeadoiro do tren de Perlío (Fene). En canto á proposta didáctica, inclúe materias como gaita, acordeón, percusión tradicional, guitarra, baixo, batería, baile galego, combo instrumental, linguaxe musical e música para nenos.
Músicos e compañeiros de formación, como Óscar Painceiras (baixo) ou Miguel Lamas (batería) súmanse ao plantel de profesores nos que están tamén Calixto Albán, Álex Blanco, etc. Xa está aberta a reserva de praza para esta escola de música levada por músicos.
Fuente: Diario de Ferrol
.
Gracias pola publicaciòn no blog, pero teño que dicir que o de "escola de mùsica popular" non està de todo acertado xa que encasìñase ao engadir o tèrmino "popular" cando non è asì, na escola impartiràse calquer estilo de mùsica demandado polos alumnos xa que o profesorado e as asignaturas ofertadas asì o indican e precisamente a fin desta escola e evitar encasiñamentos.
ResponderEliminarGracias, un saùdo.
ALEX BLANCO.