viernes, 2 de julio de 2010

O Pleno do concello de Fene declara “persoa non grata” ao presidente do goberno Jose Luis Rodriguez Zapatero.

Onte, o día despois do remate da presidencia de turno da Unión europea do presidente Zapatero, o BNG no concello de Fene presentou unha moción na que se fai un repaso do semestre no relativo ás xestións e acordos comprometidos para o levantamento do veto a ASTANO.

Na exposición de motivos recóllense todas as palabras dadas e os acordos e declaracións do propio Zapatero, o ministro de industria Sebatián, do minstro de Fomento Blanco e do propio comisario da competencia Sr. Almunia.

Os incumprimentos de uns e as declaracións contradictorias dos outros nunha cuestión vital para Fene e toda ferrolterra como é o levatamento da prohibición de construir barcos do estaleiro de Fene, fixo que o BNG presentara esta moción con tres acordos fundamentais:

1.- O Pleno do concello de Fene aposta decididamente polo levantamento do veto a ASTANO para a construcción naval civil.

2.-O Pleno do Concello de Fene veta a presenza institucional do señor Presidente do Goberno do Estado Jose Luis Rodriguez Zapatero, a dos seus ministros Jose Blanco e Miguel Sebastian ademais da do Comisario da Competencia Sr. Joaquín Almunia e a do Deputado pola provincia de A Coruña Xabier Carro.

3.- O Pleno do concello de Fene declara “persoa non grata" ao señor presidente do goberno Jose Luis Rodriguez Zapatero.

A postura do PP foi de apoio, que como ven sendo habitual aproveita as coxunturas de desgaste ao PSOE, pero desde o BNG o seu portavoz municipal, Manuel Polo, dixo ” demandámoslle ao PP firmeza na esixencia de levantamento do veto e non so unha política interesada de desgaste” de feito hai dous días o Preisdente Feijoo reuniuse en Compostela co Ministro de industria Sebastian e lamentablemente so falaron do Xacobeo. Esta actitude de cara a galería parecenos interesada no confronto político pero con pouca profundidade para resolver o problema.

O alcalde do PSOE mántivose na liña PSOE-UGT de ser grandes defensores dos estaleiros andaluces, nunha liña habitual desde as primeiras mal chamdas reconversións dos anos 80.

Para o Concelleiro nacionalista Edgar Vigo, o alcalde de Fene decide oporse á loita polo emprego no noso concello e dalle cobertura a un goberno ineficaz e que incumpre co Pobo de Fene.”

O resultado da votación foi de 9 votos a favor 5 do BNG e 4 do PP e 7 en contra do PSOE e unha abstención do único edil de IU.

2 comentarios:

  1. !!Manda Carallo¡¡
    O BNG e O PP de acordo, nunca tal se viu

    ResponderEliminar
  2. alguen foí a Xunt@s por Astano en sanvalntin?

    ResponderEliminar