martes, 13 de julio de 2010

O BNG pide que se manteñan os servizos de Caixa Galicia en San Valentín

Fene 13 de xullo de 2010.-No BNG somos coñecedores da preocupación dos veciños e veciñas de San Valentín polo peche temporal da oficina do barrio nos meses de xullo e agosto. Este peche temporal está a ser intepretado por boa parte da clientela como o paso previo ao peche definitivo desta oficina.

O barrio de San Valentín conta cunha única caixa de aforros e non conta con nigún outro tipo de servizo financieiro, polo que a súa presenza no barrio faise moi importante e necesaria.

Este barrio de 2500 habitantes conta con varios servizos comerciais e hostaleiros que se ven complementados polos servizos financeiros de Caixa Galicia.

Para o BNG é fundamental que o noso concello conte coas oficinas das caixas de aforro suficientes e que en ningún caso haxa unha merma dos servizos. As caixas de aforro non son bancos e non deben selo, deben ter uns criterios de funcionamento diferentes e non so rexirse polos beneficios económicos.

Frente a esta situación de incertidume e preocupación dos veciños deste barrio fenés é polo que desde o BNG presentamos hoxe unha moción para que no vindeiro pleno se inste ao alcalde a realizar cantas xestións sexan precisas para manter todo o ano os servizos das Caixas de aforros no noso concello.

No hay comentarios:

Publicar un comentario