viernes, 30 de julio de 2010

O BNG lamenta que o goberno de Fene tardara máis dun ano en por en funcionamento o novo tractor desbrozadora

En abril de 2009 a deputación provincial da Coruña aprobou un Plan anticrise (PAC-2) co que se financiaba a achega dos concellos ás obras ou subministracións que consideren necesarios para o funcionamento dos servizos municipais. A concellería de servizos e mantemento, dirixida por aquel entón pola nacionalista Ines Roca, propuxo e elaborou as bases para merca dun novo tractor desbrozadora xa que o que está en funcionamento no concello compría ser substituido pola súa antigüedade e as averias frecuentes. A concelleira do BNG iniciou o expente en xuño do 2009, un mes antes da nosa saída do goberno, logo en solitario o equipo do socialista Ivan Puentes foi incapaz de mercalo ate 13 meses despois.

O tractor foi entregado ao concello hai dúas semans e comezou aínda onte a traballar porque carecía de seguro. A total falla de previsión do goberno socialista vai levar a que o traballador contratado, temporalmente os meses de xullo e agosto, para conducir o tractor finalice os seus servizos sen usar nin o tractor vello porque está averiado e a penas o novo. Ademais a improvisación do equipo de Puentes levará a que no mes de setembro non haberá tractorista xa que o titular estará de vacacións e o de reforzo rematará o contrato a finais de agosto.

O portavoz nacionalista no concello, Manuel Polo, esixe a pronta contratación e posta en funcionamento dos dous cortacespedes con desbrozadora que se incluían no convenio da Diputación (PAC 2)xa que son totalmente necesarias para o funcionamento do servizo de xardinería do concello, estas máquinas quedaron desertas na mesa de contratación do 18 de Marzo e seguimos agardando.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario