viernes, 9 de julio de 2010

O alcalde de Fene pretende aprobar facturas con informes técnicos negativos

O BNG de Fene está moi preocupado pola parálise da área de facenda no concello. O goberno socialista ten pendente de pago dos anos 2007, 2008 e 2009 máis de 1 millón de euros en diversas facturas. Esta paralización está a resentir os servizos municipais, concretamente o Servizo de asesoramento á muller atópase en suspeso desde principios de ano por impago. Moitas empresas pasan dificultades pola gran débeda pendente que ten o concello. A esta pésima xestión hai que sumarlle os innumerables procedementos irregulares nas contratacións das obras e servizos. Segundo os informes da intervención municipal existen numerosas facturas sen expediente de contratación, sen partida orzamentaria suficiente e incluso sen xustificación algunha. Noutros casos hai advertencias de fraccionamentos dos contratos menores que resultan tamén irregulares.

A ausencia de contratos e o uso abusivo dos gastos protocolarios provocou que en decembro do 2009 o BNG enmendara unha relación de facturas que o goberno pretendía aprobar. A día de hoxe os problemas deste tipo reprodúcense. Programas como “Entre Nós” do que non hai ningún resultado, máis que catro facturas que superan os 11000€ en total, obras e arranxos adxudicados a unha mesma empresa por máis de 67.000€, sen memorias valoradas nin orzamentos previos, nin sinatura dun técnico municipal, 69.000€ facturados por traballos realizados a diferentes empresas polo curso de formación” Crear emprego” dos que 17.000 € foron facturados por IFES *, o curso de Crear emprego foi un rotundo fracaso en materia de creación de emprego. Así poderiamos seguir cunha ringleira de facturas sen procedementos de contración que vulneran a legalidade segundo a intervención municipal.

Para o portavoz nacionalista Manuel Polo “o goberno de Puentes está a facer da excepción norma, saltándose sistematicamente os procedementos da contaratación e o pago da administración e por riba dándolle aos veciños servizos caros e de dubidosa calidade”

Na comisión informativa de facenda do pasado martes a relación de facturas foi aprobada cos votos favorables do PSOE.

No hay comentarios:

Publicar un comentario