Os/as veciños/as de San Valentín teme o peche da Caixa Galicia do Barrio.
A oficina de Caixa Galicia en San Valentín( Fene ) pechou as súas portas durante os meses de xullo e agosto. O centro de Promoción Social teme que esta decisión sexa a antesala dun peche definitivo, no marco da fusión entre Caixa Galicia e Caixa Nova.
Unha parroquia de 2.500 habitantes, quédase así sen ningún tipo de oficina bancaria tendo os seus habitantes que desprazarse ata o centro de Fene, para calquera xestión coas entidades financieiras.
Normalmente tres empregados atendían a oficina de Caixa Galicia de San Valentín. Un deles está rebaixado dende xaneiro. A dirección da entidade aproveitou agora a tempada de vacacións para fechar o servizo, transladando ó empregado restante para o local da oficina de CG de Fene.
O Centro de Promoción Social de San Valentín, CPS, faise eco da protesta dos veciños e realizará xestión diante do alcalde e dos grupos da corporación municipal, solicitando a súa mediación para instar a Caixa Galicia a reapertura da oficina no mes de agosto. Non desvota así mesmo a convocatoria de medidas de presión diante do local de Caixa Galicia, na avenida Naturais de Fene.
Para o CPS a fusión das dúas entidades bancarias non é lóxico que provoque unha merma na atención aos clientes, nen tampouco unha disminución dos dereitos laborais e salariais dos empregados. Lembra o CPS que as caixas de aforros son entidades cun fin social e que o ánimo de lucro non debe ser o seu principal obxetivo.
San Valentín, 7 de xullo de 2010
No hay comentarios:
Publicar un comentario