No día de onte celebrouse no concello unha xuntanza entre os grupos políticos a dirección do IES de Fene e o Alcalde para falar da ampliación do Instituto. Un ano despois de terse aprobada unha moción do bng na que se acordaba:
1.-Instar á alcaldía a executar o acordo plenario de novembro de 2007 e solventar os atrancos que poidan existir para ceder a parcela en cuestión á Consellería de Educación.
2.-Formar unha comisión con representantes de todos os partidos políticos, e das direccións do IES e do CEIFP de Fene e solicitar unha entrevista co Conselleiro de Educación para trasladarlle esta problemática.
3º.- Dar conta deste acordo á comunidade educativa dos dous centros afectados, ao delegado territorial da Xunta de Galiza, á Consellaría de Educación, e aos portavoces dos grupos parlamentarios do Parlamento galego.
Desde o Bloque Nacionalista Galego de Fene queremos lamentar a gran lentitude do alcalde na xestión das cuestión que lle preocupan aos veciños como é neste caso a ampliación do Ies de Fene. Temos que lembrar que en novembro do 2007 aprobouse a cesión dunha parcela á Consellería de Educación da Xunta de Galicia para acometer unha ampliación do centro educativo. Segundo os nacionalistas, "van cumprirse tres anos do citado Pleno, e aínda non se executou o acordo”
Para o portavoz nacionalista, Manuel Polo, “non hai excusas que xustifiquen un retraso tan grande no cumprimento de dous acordos plenarios”.
A Xunta de Galicia ten agora a responsabilidade de comprometerse a iniciar a ampliación o máis axiña posibel e non adiar máis esta obra tan necesaria para a mellora da calidade educativa en Fene.
No hay comentarios:
Publicar un comentario