
O anterior responsábel de urbanismo, o nacionalista Manuel Pico afirma que “ nos gobernos do BNG en Fene as licenzas outorgabanse entre 15 días e 2 meses desde a súa solicitude, agás nos casos que fose necesario informe ou autorización doutra administración. Na actualidade estes prazos alongáronse sen xustificación entre 4 meses e un ano, incluso coñecemos casos de 18 meses”
Para o BNG é imprescindibel axilizar toda a tramitación administrativa do concello, nesa mesma liña, no Pleno do pasado maio, xa se aprobou unha proposta nacionalista para dar os certificados de empadroamento ao instante. No mesmo sentido apoiamos que se dean licenzas no intre da solicitude, pero logo de tres anos de xestión improvisada estariamos satisfeitos con recuperar os prazos dos gobernos nacionalistas de Fene neste tipo de trámites.
No hay comentarios:
Publicar un comentario