Vista do estaleiro de Fene
O vindeiro dia 30 de Xuño remata a presidencia de turno do Estado Español na UE, co incumprimento do Presidente do Goberno Español do compromiso adquirido públicamente en sede parlamentar de negociar o levantamento do veto á antiga ASTANO. Desde a comarca de Ferrol, o BNG organiza unha xornada para deixar en evidenciaesta situación. Fene levará o peso operativo dunha serie de actividades a desenvolver durante 12 horas e que consisten nun peche activo no salón de plenos da casa do concello, entre as 10 da mañán e as 10 da noite do mércores 30 de xuño. O peche será activo porque ao longo do día desenvolveranse actividades: debates, discursos e actividades lúdicas.
10.00 h: Recepción de participantes
11.00 h: Mesa Actividades para nenos/as con Eduardo Hermida
12.00 h: Proxección do audiovisual.
12.00 h: Actuación para pequenos.
14.00 h: Xantar – Trae o teu “bocata” e participa con todos/as aqueles que queiran estar a hora do mediodía
16.00 h: Proxección do audiovisual montado para o festival “Xunt@s por Astano”.
16.30 h: Mesa con Rumbo 21 e prensa comarcal (Modera Edgar Vigo).
17.30 h: Mesa BNG – CIG.
19.30 h: Mesa con sindicalistas do momento Alfonso Tellado, Emilio Salorio, Pepe Díaz, Carlos Neira. Modera Pitusa Arias.
20.30 h: Intervención política: Xosé María Rivera Arnoso e representante do nacional a concretar.
21.30 h: Actuación: Los Fabulosos Cubatas de Focking Brothers.
22.00 h: Peche do acto coa “acción sorpresa” prantexada.
Dende as 10.00h haberá unha mesa con material para que os/as pequenos/as, e non tan pequenos/as, fagan barcos de papel no que deixar mensaxes para facer nunha “acción sorpresa” ao peche do acto.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario