martes, 22 de junio de 2010
O Concello de Fene sen sevizo de atención á muller por impago
O BNG quere amosar a súa preocupación pola perda dun servizo tan importante para o asesoramento das mulleres como é o Servizo municipal de atención á muller (SMAM). Este servizo, pioneiro na comarca no asesoramento e atencion ás mulleres levaba funcionando preto de 8 anos. Unha das suas funcions máis importantes e o do asesoramento xurídico a mulleres vítimas de violencia machista, que neste momento se encontra paralizado por falta de pago do concello. Para o BNG é moi preocupante que o PSOE se presente ás eleccións cun programa no que pretende impulsar a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e na práctica dilapide o traballo feito nesta materia retrocedendo no tempo. O abandono deste servizo non é máis que un dos múltiples exemplos do desleixo e a incapacidade do goberno de Puentes. Para a concelleira Rita Couto, responsábel desta área durante 5 anos, “ entre as privatizacións da Xunta do PP e o abandono do goberno local do PSOE, as veciñas e veciños do noso concello están a sofrir un duro golpe na área de Benestar social. Ausencia dunha cociña en condicións para o centro sociocomunitario de maiores, ausencia de respiros e prazas de centro de día para as persoas dependentes, ausencia de compromiso para a escola infantil do Carril, ausencia de compromiso na execución das 7 vivendas sociais do Sartego,retraso no pago das axudas de emerxencia social, e agora abandono do Servizo de atencion a muller." O BNG vai preguntar na comisión de dinamización social por esta situación e polas medidas que ten previsto tomar o goberno a este respecto.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario