viernes, 11 de junio de 2010

O BNG pide, de novo, que se soterren as liñas de alta tensión ao seu paso por Fene

O portavoz nacionalista, Manuel Polo Gundín, ten rexistrado no día de hoxe unha solicitude no concello para que este solicite a subvención ao abeiro da orde do 2 de xuño de 2010 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o soterramento de infraestruturas eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), Publicada no DOG de onte xoves 10 de xuño de 2010.

Para o BNG o Plan E foi unha oportunidade perdida para soterrar toda a liña dende o Sartego na parroquia de Fene ate as portas do estaleiro ASTANO.

Agora o concello de Fene ten unha segunda oportunidade se fai esta solicitude da debandita subvención co obxecto de soterrar as liñas de alta tensión ao seu paso polo noso concello, tendo unha especial consideración, para o BNG, o tramo que transcorre polo barrio de San Valentín por estar estas liñas moi próximas a equipamentos deportivos, educativos e de zonas de esparcemento ademais dun importante número de vivendas.

Desde o BNG demandamos este tipo de medidas que contan cun amplo apoio social e que supoñen unha mellora na calidade de vida dos nosos veciños e veciñas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario