viernes, 4 de junio de 2010

O BNG leva, un Pleno máis, a iniciativa no Concello de Fene

A falla de propostas do goberno é tan evidente que tan so incluiron unha proposta, a útima hora e fora da orde do día, para pagar o seguro de responsabilidade civil do concello.

O BNG levou a iniciativa no Pleno do concello de Fene presentando 3 mocións e 15 rogos e preguntas orais. No apartado das moción dúas foron aprobadas por unanimidade, e a terceira foi aprobada polos votos do BNG e IU e a abstención do PP e o PSOE. As mocións aprobadas por unanimidade foron a relativa a demanda de acurtar e acelerar os prazos da depuración integral das augas residuais que hoxe en día van á ría. O obxectivo desta moción é que a xunta e o goberno central teñan as depuradoras en funcionamento no ano 2012 para así poder potenciar a ría como espazo de lecer e como fonte de emprego no marisqueo.

A segunda moción aprobada por unanimidade foi a relativa aos recentes sinistros de tráfico na estrada provincial 3503 ao seu paso por Barallobre. Neste caso o BNG pedimos que o Pleno demande da deputación melloras na seguridade viaria desta estrada, que a policia local informe do estado da estrada, e por último amosar o apoio da corporación co propietario da vivenda afectada axilizando calquera trámite municipal que precise.

Por último o BNG sacou adiante unha moción que pedía a retirada do decreto do 20 de maio no que se aprobaron os recortes sociais máis graves da nosa historia. O BNG nesta proposta tamén fixo especial incidencia nas súas alternativas dirixidas á mellora do benestar da xente fornte as medidas neoliberais que retenten saciar ao capital a costa dos traballadores e pensionistas.

Rogos e preguntas.

Neste apartado desde BNG lembramos que impulsamos hai un ano un regulamento do que teñen todos coñecemento, rogamos que se leve adiante o mesmo para ter un mercaniño en Perlío ordenado tanto en tráfico como en postos.

Tamén se pediu que se cumpra coas demandas comprometidas polo alcalde coa ANPA do colexio dos Casais en maniños.

Perguntamos polos impagos xa que temos coñecemento que as axudas de reis, as comparsas do entroido ou as subvencións ás entidades de 2009.

Tamén preguntamos polas facturas sen pagar desde 2009 que superan o millón de euros.

Por último preguntamos pola escasa aplicación da lei da dependencia con recursos municipais dadas as limitacións evidentes con dependentes agardando dende hai meses polo axuda no fogar municipal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario