martes, 1 de junio de 2010

O BNG di que Costas fai un monumento ao cemento en Limodre

A Demarcación de Costas está a construir unha obra “monumental” na praia de rio Sandeu. Desde o grupo municipal do BNG lamentamos que a desinformación da administración central, coa connivencia do goberno local, sobre as características desta obra estea a producir un gran malestar nos veciños de Limodre.

Se o ano pasado aportaron area de dubidosa calidade nas praias de Limodre, este ano Costas está a realizar unha obra sen informar nen aos veciños nen aos grupos políticos do concello de Fene.

Na visita realizada ás proximidades das obras polos concelleiros nacionalistas Manuel Polo e Manuel Pico “poidemos observar a ausencia de cartel informativo das carácterísticas da obra”. “Por outra banda no concello tampouco existe proxecto da obra, polo tanto descoñecemos como vai quedar e en que prazo vai estar rematada e con que características”.

Novamente o alcalde está a ser refen das súa verbas xa que afirmou que a obra ía reducir o impacto do muro de formigon que soportaba o aparcadoiro, e que estaría lista para o 15 de xuño, o cal é materialmente imposíbel xa que os muros son maiores que os preexistentes e co estado actual do avance das obras resultará invialble que estean rematadas antes do comenzo do verán.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario