jueves, 24 de junio de 2010

O BNG afirma que o Alcalde de Fene responsábel da ineficacia municipal

O vindeiro 25 de xuño está convocada a Comisión especial de Contas do Concello de Fene. Esta Comisión ten a función de aprobar as contas do exercicio do ano anterior. Segundo a lexislación vixente esta debería estar aprobadas a 1 de xuño*. Cal é a sorpresa do grupo municipal do BNG que os propios informes de Intervención indican que “ o Alcalde remitiulle fora de prazo as contas anuais a esta Intervención, non podendo ser informada a Conta Xeral en prazo suficiente para ser sometida a informe da Comisión especial de contas antes do 1 de xuño”.

Logo de tres anos na alcadía non parece que aprendese moito na área económica. Non é quen de facer un trámite ordinario e obrigatorio en prazo .

En canto á conta xeral reflicte a situación de interinidade das contas prorrogadas.

Hai modificacións orzamento prorrogado de máis de 6 millós de euros sobre 11 millóns do orzamneto do 2008. A conta xeral reflicte un aumento dos gastos do capitulo II de máis de 800.000€ (subcontratacións) e no pobo non se nota máis que retrocesos nos servizos básicos. Privatizar sáelle caro aos veciños de Fene.
A conta xeral reflicte un importante número de reparos por saltarse o procedementos nas contratacións.
A débeda bancaria aumenta de 2008 a 2009 en 340.000€ , rebatindo o argumento do alcalde de que reduciu a débeda.

No dous mil nove o concello obtén 2.1 millóns de € máis de subvencións que no 2008, pero é incapaz de executar todos os cartos das achegas. Hai que ter en conta que é un espellismos que oculta unha reducción, xa que o Plan E son 2.5 millóns, quere isto dicir que as achegas en subvencións das diferentes administracións baixou en 400.000€con respecto a 2008.

Para o portavoz municipal do BNG, Manuel Polo,” ante esta Conta Xeral
Puentes é o cazador cazado”

No hay comentarios:

Publicar un comentario