Hoxe é o día que deu o alcalde fenés, Iván Puentes, como referencia de remate das obras que está a facer a Demarcación de Costas na praia de río Sandeu. Desde o grupo municipal do BNG lamentamos que novamente o alcalde desinforme aos veciños e veciñas e aos grupos municipais.
Como ven sen habitual o alcalde sométese a datas e horaios que carecen da máis mínima fiabilidade. As obras que prometeu ter rematadas a 15 de xuño, e que hai uns días rectificou dicindo que estarían para o verán son un exemplo máis. Para o portavoz municipal do BNG, Manuel Polo, “é evidente que o alcalde non escoita á xente e que carece dun equipo que xestione o concello, doutro xeito non se explican tantas imprecisións á hora de facer anuncios de obras, orzamentos municipais, ordenanzas reguladoras, actividades e xestións que logo fican en nada.”
Desde o BNG demandámoslle ao alcalde que se mova, escoite as demandas da xente e axilice as xestións para que o ano que lle queda na alcaldía sirva para algo ao pobo de Fene.
No hay comentarios:
Publicar un comentario