miércoles, 9 de junio de 2010

A mala fe do alcalde é o único atranco para non ter rematado o Parque Castelao

Fene a 9 de xuño de 2010.-Os nacionalistas de Fene queremos sair ao paso do que consideramados cerimonia da confusión do alcalde con declaracións sobre a súa eficacia na execución das obras do Parque Castelao que ten previsto inagurar o vindeiro venres 11 de xuño.

O goberno municipal do BNG planificou as obras do parque Castelao cunha visión de conxunto. A antiga finca da familia Cela pasou a titularidade municipal logo dun convenio urbanístico a mediados dos anos 90. Posteriormente o goberno nacionalista de Fene desenvolveu un proxecto para a formación ocupacional a través da transformación deste novo espazo público nun parque. No ano 1999 comezou a terceira escola obradoiro de Fene coa que se comenzou a actuar neste espazo, logo seguiu a escola obradoiro IV que continuou reformando o edificio que preside o Parque Castelao.

No ano 2007 estaba todo previsto para rematar as obras, co Plan dinamización turístico invistironse case 200.000€ na confección da galaxia imaxinaria, ademais neste mesmo ano 2007 incluíase no orzamento unha partida de 70.000€ para rematar as obras da casa co fin de dotarse dun novo edificio de uso municipal. Por último nese mesmo ano o BNG deixa proxectada a V Escola obradoiro. Coa chegada ao goberno do PSOE en xuño de 2007 continúase a actuación no parque solicitando a VI escola obradoiro para rematar o axardinamento desta parcela cun novo proxecto.

Hoxendía atopámonos que o conxunto do Parque Castelao non está rematado xa que o Alcalde preferiu denunciar ao ex alcalde Xosé Mª Rivera Arnoso en lugar de resolver os problemas administrativos dos que era coñecedor, e investir hai 3 anos os 70.000 € orzamnetados cartos para rematar as obras.

Desde o BNG denunciamos esta situación que está a pagar a xente de Fene xa que en vez de ter un novo edificio público a disposición contamos cun edificio abandonado e en semirruina.

Escola Obradoiro III
Datas de inicio e remate: Do 09/12/1999 ó 08/06/2001.
Especialidades: Carpintería metálica, albanelería, encofrado, xardinería e carpintería de madeira.
Número de alumnos: 40 (10 por especialidade, menos albanelería con 15).
Obras realizadas: Parque de educación viaria (Barallobre) e parque da ladeira do Sartego (Fene).

Escola Obradoiro IV
Datas de inicio e remate: Do 29/12/2003 ó 28/06/2005.
Especialidades: Caldeiraría industrial, albanelería, xardinería e carpintería de madeira.
Número de alumnos: 46 (12 por especialidade, menos xardinería con 10).
Obras realizadas: Rehabilitación do muíño río Vaa (Maniños) e rehabilitación do edificio municipal e dotación de equipamento no Parque Castelao (Fene).

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario