A Sociedad Estatal para la Promoción Empresarial del Suelo (Sepes), promotora do polígono compartido entre Fene e Cabanas, de Vilar do Colo, sacou a concurso e adxudicou a obra definitiva para o remate da segunda fase. Tratábase de habilitar darredor dunha decena de parcelas pequenas ubicadas na parte cabanesa da área industrial, as identificadas na planimetría coa letra Q, e que quedaron invalidadas logo da primeira ampliación do polígono cara a segunda fase. Os terreos afectados atópanse con taludes, un camiño veciñal, ademais de estar tocados polo curso do río Baa entre Fene e Cabanas e polo paso do Camiño Inglés a Santiago de Compostela. Os traballos licitados a través do anuncio publicado no BOE de data 1 de abril de 2008 conlevarán o acondicionamiento do río Baa, as parcelas Q e tamén os dous solares de uso comercial ubicados na parte fenesa ademais dunha parcela dotacional para o concello de Fene. A obra adxudicada ascende a 1,8 millones de euros, o prazo máximo de execución era de dez meses.
Dada esta situación o BNG pregunta a través do seu portavoz no Congreso, Francisco Jorquera;
Están todos os problemas solventados para rematar esta segunda fase licitada xa hai 26 meses?
Ten a SEPES algunha previsión para inciciar estas obras?
Ten a Sepes algunha intención de ir a unha terceira fase?
Si é así, de que superficie estaria na previsión da SEPES?
Ten previsión a SEPES de dotar do servizo de auga á parte do Concello de Cabanas?
Para o portavoz nacionalista no concello de Fene, Manuel Polo, é evidente que non existen gobernos “amigos” o que hai e gobernos competentes e incompetentes, e neste caso evidenciase a incompetencia da xestión da entidade estatal e da local
Visualice el documento en PDF aquí Descargar
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario