jueves, 10 de junio de 2010

A deficiente limpeza do Cádavo asolaga varias vivendas en Perlio

Na mañá de hoxe, e durante varias horas, o río Cádavo saiuse do seu cauce á altura das vivendas sindicais de Perlío. Como ven sendo unha constante no concello de Fene a falla máis absoluta de mantemento ordinario das redes de saneamento e na recollida das pluviais está a rovocar asolagamentos na contorna do río Cádavo ao seu paso por Perlío.En pleno mes de xuño e con dous días de choiva moderada o río saíuse do cauce pola evidente falla de paso para a auga.

Este mesmo abandono no mantemento foi o que causou o atoamento do colector xeral de Limodre. Desde o BNG pedímoslle ao alcalde que escoite e atenda as demandas dos veciños e veciñas en cuestións básicas como a limpeza de cunetas, recollidas de pluviais, limpeza de redes de saneamento e sumidoiros. Ademais desde as filas nacionalistas sospeitan que a falla de control e seguemento dos traballos de limpeza do río Cádavo poden estar detrás destes asolagamentos, xa que é a segunda vez que con pouca choiva o río sae do seu cauce. “Desde o noso punto de vista a limpeza do río faise sen recoller os restos de vexetación e cunha pequena enchente o río arrastra estes ate a zona canalizada de Perlío e o río bótase de fora á altura das vivendas sindicais” afirman desde o grupo municipal.

Para o portavoz nacionalista Manuel Polo é lamentábel que o abandono do goberno local das súas funcións de seguemento dos traballos que se pagan con cartos públicos perxudiquen tando á xente.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario