viernes, 14 de mayo de 2010

A Xunta do PP deixa ás persoas en paro sen cursos de formación en Fene

Se o ano pasado foi a incapacidade do goberno socialista a responsábel da perda de tres cursos dirixsos a persoas desempregadas que como se pode lembrar foron o de cachoteiro, encofrador e albanel, a través dos que serían formadas 45 persoas. Aqueles cursos contaban cunha subvención autonómica de case 300.000€. O goberno de Puentes foi incapaz no 2009 de cumprir os prazos de contratación dos monitores. Este ano a propia Consellería de traballo e benestar deixa sen opcións á formación ocupacional aos máis de 1.000 veciños e veciñas que engrosan as listas do paro. O BNG lamenta os recutes do PP en materia de formanción das persoas desempregadas no concello de Fene.

Para o portavoz nacionalista no concello, Manuel Polo, "resulta moi triste ver como se desfai o traballo de tantos anos na área de formación do concello, un home como Pancho Allegue que se deixou a alma en dotar dunha equipa humana e dunha área de formación sen comparación na comarca de ferrolterra, exemplo de como si existen alternativas e capacidades propias como é no caso da formación profesional, para saír das colas do paro"

Ante a falta de iniciativa do Alcalde, o BNG demandará ao conxunto dos grupos da corporación fenesa a necesidade de manter unha xuntanza de todos os portavoces municipais coa Consellaría de traballo e benestar no ánimo de recuperar algún curso para Fene.

Para os nacionalistas de Fene esta negativa nos cursos de formación é unha moi mala nova que agardemos non se repita nos Programas de Cooperación cos concellos para a contratación de persoas desempregadas tamén dependente da mesma Consellería.
.

No hay comentarios:

Publicar un comentario