viernes, 28 de mayo de 2010

O BNG pide unha xuntanza dos grupos políticos para analizar o estado da economía municipal

Para os nacionalistas de Fene a escasa atención do Alcalde e o seu equipo no día a día do concello está a causar problemas reais na economía local. A falta de orzamentos agudiza os problemas, están sen pagar as axudas do programa de Reis deste ano(programa para que as persoas de menos recursos podan ter un Nadal digno), as subvencións nominativas do 2009(coas que se cofinacian eventos como o Fene rock, Festa do Cabalo, Xuntanza de gaiteiros, entre outras) e as subvencións ordinarias de 2009 que afectan á totalidade de entidades culturais deportivas e ANPAS, por non falar das débedas aos provedores que superan o millón de euros. No capítulo de obras temos o mesmo problema, a falla de orzamento impide a contratación de obras valoradas en máis de 1,5 millóns de euros dos que o concello ten que achegar sobre o 15% xa que o resto son recursos procedentes de fondos provinciais.

O portavoz nacionalista no concello de Fene, Manuel Polo Gundín, solicitoulle ao Alcalde, o pasado martes, manter unha xuntanza dos portavoces municipais para valorar a situación da economía local e tamén as consecuencias do último Real Decreto aprobado polo goberno do Estado, que entre outros afecta dun xeito severo aos salarios dos empregados e empregadas públicos e á capacidade de endebedamento dos concellos. Ademais estas medidas do goberno do Estado van afectar ás contas do concello que aínda non foron presentadas dun xeito oficial.

Os veciños e veciñas de Fene ncesitan dun orzamento que leve ao camiño da normalidade a economía local e ao mesmo tempo que se escoiten as necesidades sociais e as propostas que facemos dende o BNG para loitar pola formación e o emprego.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario