O portavoz nacionalista no cocnello de Fene, Manuel Polo, ven de rexistrar unha moción SOBRE A SITUACIÓN DA DEPURACIÓN NA RÍA
A situación da ría de Ferrol é desastrosa, sobrevivindo como pode o marisqueo e sen posibilidade de utilizala para o baño ou calquera outra actividade de lecer. Unha ría como a de Ferrol con arredor de 130.000 persoas vivindo no seu entorno inmediato e con industrias a ambas beiras, ten a pesar de todo unha capacidade de produción marisqueira excepcional, hai apenas 10 anos que só nesta ría se producía un terzo de toda a ameixa babosa de Galiza, sendo tamén practicamente a única na que podemos atopar aínda zamburiña. A inexistencia de depuradoras de augas residuais, fan que a día de hoxe 7,5 Km2 estean clasificadas como zona C, un terzo de toda a ría e que comprende entre outros o banco marisqueiro mais rico, o das Pías.
Hoxe nas tres confrarías desta ría traballan 540 mariscadores e mariscadoras, a elas habería que engadir o persoal das confrarías, compradores, depuradoras... para facerse idea da cantidade de postos de traballo que dependen dela, e que a pesar da situación actual aínda é capaz de manter. Todo isto acontece mentres as obras da EDAR norte van a un ritmo incomprensibelmente lento para a necesidade que toda a comarca ten dela, todo son problemas tanto orzamentarios como de competencias e velocidade das obras, e as da EDAR da zona sul comezaron xa con 3 anos de atraso sobre a proposta inicial.
Neste sentido, propomos ao pleno da corporación a adopción dos seguintes
A C O R D O S
1.- Demandar do goberno do Estado a reprogramación das fases pendentes para o saneamento integral da Ría de Ferrol, procedendo á dotación económica suficiente nos orzamentos do 2011 que permitan a execución das obras pendentes e a operatividade do proxecto no ano 2012.
2.- Demandar da Xunta a aceleración dos traballos en marcha para a execución das obras de saneamento e depuración da “marxe sul” ( Fene, Mugardos e Ares); co obxecto de permitir a súa operatividade no horizonte do ano 2011.
No hay comentarios:
Publicar un comentario