O BNG lamenta que Fene siga sen orzamento, e vai para dous anos, a pesar das numerosa iniciativas e propostas feitas dende as filas nacionalistas pensadas para mellorar a calidade de vida da xante do noso concello.
Máis emprego, máis formación, mellores servizos sociais, máis obras ….estas son as propostas reiteradas do BNG
Hoxe venres na Comisión informativa de facenda, na que non se incluiron os orzamentos municipais, explicouse por parte do presidente da mesma que as novas medidas do goberno que van adiar a confección do orzamento. Para o portavoz nacionalista Manuel Polo “este atraso volve a ser un incumprimento do goberno socialista que está a causar numerosos problemas aos veciños”
No BNG levamos a iniciativa, fixemos propostas, e incluso admitimos unha aprobación dos orzamentos no caso de recollerense parte das nosas propostas tal e como foron admitidas polo goberno socialista.
Ante este panorama, na Comisión de facenda desta mañá retomamos a iniciativa solicitando o Anexo de persoal e as Bases de execución e a nova participación dos ingresos do Estado para ver en que medida van afectar as políticas noliberais máis agresivas da democracia española ao concello de Fene.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario