A alta sisnistravilidade na NVI ao seu paso por Fene é moi preocupante. O novo firme non presenta, aparentemente, as mellores condicións de seguridade, ademias a lentitude na execución das obras de mellora do firme favorece o increemnto de accidentes e molestias graves aos veciños de Fene dada ausencia de sinalización axeitada.
O portavoz nacionalista no Congreso,Francisco Jorquera,ten preguntado ao Ministerio de Fomento polos prazos de execución da obra máis pola necesidade de que o Ministerio presente un proxecto de reurbanización das beirarrúas desta estrada ao seu paso polo casco urbano de Fene dende a Porta do Sola á Avd das Pias.
A resposta do Ministerio non pode ser máis desalentadora, seguen a estudar este proxecto así como as medidas de seguridade vial precisas.
Por todo isto o BNG de Fene vai presentar unha moción ao Pleno para dirixirlle ao Ministerio de Fomento as demandas que consideramos necesarias para mellorar a seguridade de peóns e automobilistas.
Para o portavoz nacionalista no concello Mauel Polo ”a ausencia destas obras tan necesarias son unha mostra máis da incapacidade de xestión do alcalde que nin aproveitou a visita do ministro de Fomento para sacar un compromiso de mellora deste via ao seu paso por Fene
Aquí les mostramos copia de la pregunta del portavoz nacionalista no Congreso, Francisco Jorquera ao Ministerio de Fomento poa mellora da N651 a su paso por Fene el 2/10/2009
Descargar
Respuesta del Gobierno sobre la obra M-651 Betanzos-Fene el 22/03/2010
Descargar
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario