O Pleno do concello aprobou por unanimidade no mes de Xullo do 2009 unha moción pedindo unha solución urxente para o Centro Sociocomunitario da terceira idade de Perlío.
Desde o BNG queremos amosar a nosa preocupación e intranquilidade ante o gran retraso que está a ter o arranxo da cociña que permita novamente ter un servizo de cafetaría e comedor. Temos que lembrar que a Xunta licitou a cafetaría sen arranxar a cociña e o concurso quedou deserto. A razón principal que sen o servizo de comedor a cafetería é pouco rendíbel. Na actualidade o centro social segue sen este servizo de cafetaría e comedor o que causa unha gran preocupación nos usuarios e usuarias do mesmo.
Os nacionalistas de Fene preguntámonos onde está a xestión do Alcalde e do Superdelegado da Xunta que se comprometeran a acelerar estas melloras.
Para o portavoz nacionalista, Manuel Polo, este é un dos exemplos da política da actual Xunta de Galiza que ten parado en seco varios investimentos en Fene algún incluso xa adxudicado como as 7 vivendas sociais do Sartego.
No BNG imos traballar para ir materializando estes compromisos adquiridos cos veciños e veciñas de Fene e polo que imos interesarnos novamente no Parlamento Galego por estas actuacións no centro social.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario