lunes, 17 de mayo de 2010

Nenos de Sillobre plantan medio cento de pinos e unha sequoia no monte comunal de Marraxón

Na imaxe do Diario de Ferrol, nenos e maiores
posan antes
de comezar a plantación, onte
en Marraxón


A Comunidade de Montes Veciñais de Marraxón e a Asociación de Pais e Nais do colexio fenés de Sillobre organizaron conxuntamente onte unha plantación de árbores no monte comunal, no lugar de Reboredo. A saída deu continuidade a anteriores repoboacións, cuxa finalidade última é manter o conxunto forestal e sensibilizar ós nenos sobre a súa importancia. Na actividade tomaron parte rapaces de entre tres e nove anos.

Os participantes atopáronse ás cinco da tarde en Sillobre para subir ata o monte de Marraxón. Alí plantaron 52 piñeiros, da variedade pino insigne principalmente, sustituindo aos exemplares mortos ou danados.

Nesta ocasión, e para que os nenos teñan algunha árbore de referencia cuxo crecemento poidan seguir, plantouse tamén unha sequoia á entrada da zona arborada. Segundo explicou Tomás Corral, presidente da Comunidade de Montes, o lugar no que crecerá quedou sinalado e os rapaces poderán ver pronto o resultado do seu traballo, porque é unha árbore que medra rápido.

Fuente: Diario de Ferrol
.

No hay comentarios:

Publicar un comentario