miércoles, 26 de mayo de 2010

Francisco Jorquera estará no Festival Xuntos e Xuntas por Astano



Francisco Jorquera estará no Festival Xuntos e Xuntas por Astano, que se celebra no paseo
marítimo de San Valentin o vindeiro Sábado 29 de Maio. Jorquera, nado en Ferrol, compartirá xantar
con todas e todos os veciños que acudan á festa reivindicativa que organizan o BNG e Galiza Nova.
O portavoz do BNG no congreso fixo de Astano e do sector naval unha reivindicación case
permanente no seu labor parlamentar.A finais de 2009 conqueriu o compromiso do presidente do
goberno do estado español, José Luis Rodriguez Zapatero de renegociar o levantamento do veto
aproveitando o semestre de presidencia española da UE. Compromiso que, como é ben
sabido,incumpliu até o de agora, como recoñeceu o comisario de competencia, Joaquin Almunia.
Lembrar que todos os interesados e interesadas en acudir ao xantar popular , servido polo
Mesón O´Cabazo e que se compón de Empanada, Churrasco con cachelos, auga,pan,viño,postre e
café, poden facelo chamando ao tlf 671508149 .Ten un prezo de 12€.

No hay comentarios:

Publicar un comentario