domingo, 30 de mayo de 2010

Centos de veciños acudiron á festa pola fin do veto no estaleiro fenés

No momento do xantar, a carpa acondicionada para
300 comensales quedou pequena
(Foto Luis Polo Diario de Ferrol)


Centos de persoas xuntáronse onte no paseo de San Valentín, a escasos metros da gran grúa pórtico do estaleiro de Navantia Fene, para reclamar a volta da factoría á construción civil. Fixéronno con música, con xogos e cun xantar popular que fixo pequena a carpa e as trescentas cadeiras dispostas para a ocasión. A resposta dos veciños da comarca á convocatoria foi valorada como un éxito por parte dos organizadores, o BNG e Galiza Nova.

O pasarrúas dunha banda de gaitas abriu a xornada festiva ás doce do mediodía e a actuación do grupo fenés Los Tigres del Cañotas serviu para levantar os ánimos dos moitos mozos presentes antes do xantar. As racións de empanada e churrasco non quedaron cortas, pero a capacidade da carpa foi superada polas más de trescentas persoas presentes no momento da comida. Ao remate do xantar houbo tempo para o discurso do deputado Francisco Jorquera, que recordou o traballo do BNG en pro do levantamento do veto a Astano -cómpre dicir que o compromiso de Rodríguez Zapatero no Congreso xurdíu a raíz da reclamación dos nacionalistas- e lamentou as últimas declaracións do comisario da Competencia, Joaquín Almunia, que reiterou que non se negociou a fin das restricións e que os acordos, en referencia ao que asinou Solbes en 2004, están para cumprirse.

O paseo de San Valentín acolleu máis actividades pola tarde, esta vez dirixidas aos nenos. Pola noite, a partir das dez, chegou de novo o momento da mocidade. Xurxo Souto presentou un festival musical que contou coa participación de Arredemo, PunKomido, Membrillo Fanegas e Estimaba que Viñeras. Segundo o programa, a velada prolongouse máis aló das tres da mañá, cunha sesión de Dj’s a cargo de Josy da Graver, Borja Martínez e Gavo Vázquez.

Fuente:Diario de Ferrol

.

3 comentarios:

  1. Noraboa Jacobo polo blog, onte na festa... unha parasda. A xente esta farta de trolas. Queremos traballar na nosa terra. Vamos, os de Fene, en ASTANO.
    Entre todos e todas podemos.... que non se esquezan de nós.

    ResponderEliminar
  2. Jacobo felicidades por la web.
    En cuanto al evento de ayer... como puede ser que la gente que ya no esta en ASTANO porque se largo en la primera ocasión que tubo, nos viene a decir ahora que luchemos por ASTANO?
    Me parece bien el acto, pero no quien lo organiza. Las mentiras nacen de los propios miembros organizadores... Abramos de una vez los ojos y dejemos de creer en las mentiras que nos dicen. Luchar? quien... los mismos que venden a ASTANO y a sus trabajadores en Madrid? o quiza los que los venden desde aqui...
    Arriba Astano!! Abajo mentirosos politicos y algunos representantes sindicales

    ResponderEliminar
  3. "Las mentiras nacen de los propios miembros organizadores... Abramos de una vez los ojos y dejemos de creer en las mentiras que nos dicen" di o anónimo anterior.

    Eu son un dos organizadores do acto do Sábado.Creo que é público o compromiso de Zapatero de renegociar o veto aproveitando a presidencia española da UE.Non o digo eu, o dixo o presidente do goberno do estado español.Está nos medios, está en youtube.Igual de públicas son as declaracións de Almunia. Polo tanto, ¿onde estan as mentiras?

    Eu, nestes seis meses traballei xunto cos meus compañeiros arreo facendo actividades de todo tipo, na rúa,actos técnicos,caravanas automobilísticas, lle preparamos un comité de benvida a José Blanco, organizamos unha mobilización xunto con Rumbo 21... é dicir, todo o que está na nosa capacidade, na que temos como organización en Fene para tratgar de que a promesa de ZP non quedase en palabras.Era unha oportunidade única.

    Pensamos neste acto, dirixido a tódolos públicos para protestar xuntos e xuntas,nenos e maiores,e porque xa chega xuño e finaliza o semestre e con el o compromiso de ZP, e era necesario unha protesta masiva.E tamén porque persoalmente me facía ilusión lembrar, en certo modo e salvando as diferenzas claro está, o espírito do 85, do Festival da Malata.

    ¿onde están as miñas mentiras como organizador?
    Eu creo no que fago, eu creo nos motivos polos que o fago.Pertenzo a unha organización política por algo.Nós o temos,o tivemos e o teremos sempre claro, aqui Sabemos e Queremos Facer Barcos, e un veto inxusto, un veto político do que son cómplices os sindicatgos e partidos de ámbito nacional nos impide facelo, esa é a verdade.

    Ti libremente podes criticarnos, apoiarnos ou deixar de apoiarnos, nós seguiremos adiante igual. O que non acepto baixo ningún concepto e que me chames mentiroso.

    Un saúdo

    Alberto.

    ResponderEliminar