Portos de Galicia licitará nos próximos días as obras de remodelación das instalacións portuarias en Barallobre-Maniños, que permitirán dotar ó peirao de 88 puntos de atraque. Así o anunciou onte o presidente da institución á patrona maior da confraría, Virginia Souto, durante a reunión de traballo celebrada en Santiago.
Segundo informaron dende a Xunta, a intervención suporá un investimento superior ós dous millóns de euros. As obras permitirán ás embarcacións que teñen como base as instalacións portuarias de Barallobre dispoñer de puntos de amarre ós pantaláns, con subministro de auga e electricidade mediante torretas. Ademais, o peirao quedará máis abrigado fronte ás oleaxes grazas a dous diques aboiantes e dotarase de ramplas de acceso á zona de marisqueo, que facilitarán a baixada dos propios mariscadores e dos tractores empregados para a carga e descarga de material.
Amarres > Os novos amarres distribuiránse en dúas liñas de pantalán de case 60 metros de lonxitude e 2,5 metros de anchura, segundo os datos facilitados pola Xunta. Estarán unidas mediante un pantalán de reparto de tres metros de ancho.
O abrigo das novas instalacións conseguirase coa coloación de dous diques aboiantes, formados por módulos de catro metros de ancho por 16 de lonxitude. O primeiro, integrado por cinco módulos, terá unha orientación Norte-Sur, para protexer os pantaláns das oleaxes de vento do Oeste. O segundo, de catro módulos, instalarase en sentido Oeste-Este, para frear as ondas de compoñente Norte.
As obras complementaránse mediante a dragaxe de case 15.000 metros cúbicos para dotar de calado suficiente á zona na que se proxectan os amarres. Tamén se construirá unha pasarela de 96 metros de lonxitude para acceder ós pantaláns dende terra, así como dúas ramplas de acceso á zona de marisqueo. A remodelación implicará a demolición da rampla que hoxe ocupa a zona central do muelle, así como modificacións da que existe na zona oeste, na que se correxirá a pendente actual.
Satisfacción > O vicepatrón maior do pósito, Manuel Bañobre, subliñou a mellora que vai supoñer o novo peirao para os socios do pósito. “Por fin imos contar cunhas instalacións ben acondicionadas”, afirmou. Ata agora, os socios víanse obrigados a fondear as embarcacións en diferentes puntos, coma Neda, Perlío ou o Seixo, ante a falta espazo de amarre nos peirao de Barallobre-Maniños.
Bañobre indicou que, segundo os prazos previstos, as obras poderían comezar en outubro. Deste xeito, o novo peirao podería quedar rematado a finais de ano ou principios de 2011.
Fuente: Diario de Ferrol
Que se entere todo o mundo de que os que temos unha embarcación deportiva non vamos a ter dereito a amarrar ahí. Aquí os dereitos son para os que cortaron a entrada a os gaseiros e agora estan caladiños.
ResponderEliminarTes toda a razon do mundo, estan coa orella baixa
ResponderEliminar