O BNG de Fene pediu no Pleno de marzo a comparecencia do concelleiro obras xa que, ao noso entender, non cumpre coas delegacións que lle ten feito o Alcalde nin está á altura da atención necesaria dos veciños e veciñas de Fene, por non falar da escasa, esquiva e incluso distorsionada información que transmite aos grupos políticos na Comisión informativa que preside.
Para o Bloque a situación desta delegación é caótica e irresponsabel; caótica porque gastou os cartos que o concello non tiña no ano 2009, non organizou a brigada de obras municipal e escapou e escapa da atención aos veciños. É irresponsábel porque está a xestionar dun xeito torpe e errático os investimentos obtidos de outras administracións e mirando cara outro lado nas obras como as beirarrúas que fai a deputación en Barallobre ou a que esta a facer a Xunta coa EDAR ou o Ministerio de Fomento co asfaltado da NVI.
Desde o BNG imos darlle a oportunidade a defender a súa xestión ante este Pleno, porque aínda estamos en prazo de non perder os máis de 600000 pendentes de investir. O Concello de Fene ten aprobadas obras de Plans provinciais por valor de 1.585.375,62 €. Dende o Plan de Obras e Servizos de 2007, até o POS do 2010 a Concellaría de obras non foi quen de iniciar nin unha soa actuación. Os problemas administrativos ou de legalidade dos respectivos informes xurídicos dos diferentes Plans foron motivo de varias xuntanzas na deputación a derradeira foi dos concelleiros do BNG xunto co Alcalde e o rpopio delegado de obras na Deputación Provincial co Presidente e o Vicepresidente ademais dos técnicos do ente Provincial. Nesta xuntanza realizada no mes de outubro pasado chegamos a un punto de encontro para desbloquear a situación. A proposta do BNG, acordamos que fose solicitado un informe xurídico e urbanístico ao equipo redactor do PXOM de Fene. Esta alternativa pareceu válida para todas as partes, e agora cinco meses despois atopámonos que non se ten iniciada nin unha das obras do 2007, e por suposto de ningunha anualidade posterior. No GM do BNG de Fene vemos com moita preocupación os requerimentos de documentación da Deputación da Coruña de data 10 de febreiro onde se indica con claridade que están a piques de perder máis de 600.000 dos plans de 2007.
No hay comentarios:
Publicar un comentario