A primeira corporación municipal democrática do noso Concello amosou o seu compromiso co proceso de normalización lingüística adoptando diferentes medidas para restituírlle ao noso idioma o lugar que por dereito propio lle corresponde. Compromiso que se sistematizou a partir de 1984 coa constitución do Servizo Municipal de Normalización Lingüística e a aprobación do primeiro regulamento de uso do galego.
Ao longo destes vinteseis anos foron moitas as medidas e as iniciativas a prol da nosa lingua promovidas polas respectivas corporacións, medidas que contaron co apoio do conxunto do cadro de persoal e da veciñanza en xeral e que converteron ao Concello de Fene nunha administración de referencia no eido da normalización lingüística.
Non obstante, asistimos nos últimos tempos a unha situación esperpéntica, provocada por sectores políticos e mediáticos que pretenden trasladar á opinión pública a idea de que o idioma castelán corre perigo en Galiza, por mor dunha suposta imposición do galego e dunha suposta discriminación a que se vén sometidas as persoas que falan nesta lingua. Mentres tanto, a realidade é claramente á inversa: o proceso de normalización de usos do galego foi lento e, até hoxe, insuficiente para garantir o dereito a vivir na nosa lingua. Na práctica, estamos na negación da igualdade e convivencia entre as dúas linguas, feito no que coinciden numerosos informes, organismos e entidades.
O portavoz do BNG no concello de Fene, Manuel Polo, ven de presentar unha moción para que o concello de Fene cree un Regulamento Municipal de impulso do galego xa que a situación crítica pola que atravesa a lingua propia do País require que as diferentes administracións dean pasos firmes e decididos para reafirmar o seu compromiso coa lingua propia na liña perfilada polo Plan Xeral de Normalización Lingüística aprobado por unanimidade no Parlamento Galego.
Por isto solicitamos do Pleno da Corporación a adopción dos seguintes ACORDOS:
1.-Aprobar o REGULAMENTO MUNICIPAL DE IMPULSO DO GALEGO DO CONCELLO DE FENE que se une á moción.
2.-Consonte co disposto no citado Regulamento, instar ao conxunto da corporación ao uso do galego no exercicio dos seus cargos.
3.-Remitir copia deste Regulamento ao conxunto do cadro de persoal e instar aos responsábeis dos diferentes departamentos a velar polo seu cumprimento
que non nos engañen. non és de impulso do galego, senon moi polo contrario de IMPOSICIÓN do galego. E un idioma só se pode incentivar dende a libertade
ResponderEliminartes toda arazon falaban de franco pero os que estan ahora son peor que el son ditadores tamen
ResponderEliminar