A Compostaxe Caseira botaba a andar no Concello de Fene no mes de Outubro de 2008, cando a edil Nacionalista Inés Roca (Concelleira de Servizos e Mantemento), puxo en marcha o “Proxecto piloto” para que os veciños/as interesados/as que cumpriran unha serie de requisitos poideran participar no mesmo.
Requisitos:
- Estar empadroados no Concello de Fene
- Ser vivenda habitual (só entregábase un por domicilio)
- Ter horta ou xardín
- Comprometerse a facer un bo uso do composteiro
O concello recibiu 111 solicitudes, e repartiu os 30 primeiros composteiros nesta 1ª Fase.
En Novembro de 2008 entregáronse os composteiros e comezaba o programa coas visitas da Técnica de ADEGA (montaxe e colocación dos composteiros, comprobación do estado e evolución do compost).As numerosas solicitudes demostraban que existía moito interese na Compostaxe caseira e tamén en facer un tratamento máis ecolóxico dos residuos de materia orgánica que producimos no fogar.
En Abril do 2009, analízase que o programa funcionaba moi ben, xa que no tempo que levaba implantado lográronse reducir 21,6 Tn de materia orgánica que habitualmente van os contenedores verdes. As persoas participantes valoraron moi positivamente o proxecto. Isto animou á concelleira Inés Roca, a ampliar o Programa con outros 30 composteiros, e así seguir facendo ate cubrir todas as solicitudes.
No mes de Xuño de 2009 entregábanse “30 Composteiros” máis.
O reparto total por parroquias dos 60 composteiros foi:
14 Maniños, 12 Barallobre, 10 Fene, 10 Perlio, 9 Limodre, 4 Sillobre e 1 en Magalofes.
Dende Xuño de 2009, o Programa de Compostaxe a compostaxe pasou a mans da Concelleira Socialista de Medio Ambiente, Amalia García, dende aquela, nunca máis se dou conta do estado do programa.
No Pleno do 4 de Marzo, o BNG preguntoulle en que estado estaba este 2ª programa? Cal era a súa valoración? Se tiña pensado continuar co programa para esa xente que estaba en lista de espera? E tamén suxeriulle que fixera unha xuntanza cos 60 participantes para valorar os resultados. A resposta non puido ser máis desalentadora, Concelleira de Medio Ambiente, afirmou que non vai continuar con este programa.
Dende o BNG de Fene lamentamos que a Concelleira de Medioambiente non se involucre neste programa de tratamento de residuos, xa que non so os veciñ@s gañan na xestión dos residuos, senón que tamén o Concello aforra cartos xa que non paga a SOGAMA para tratar este lixo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario