martes, 27 de abril de 2010

O BNG demanda axilidade na presentación do orzamento municipal de 2010

Cos datos na man vemos que os orzamentos achéganse ás peticións dos nacionalistas de Fene. Incluir unha partida para dotar de auga a Magalofes, o Plan de emprego complementario ao da Xunta de Galiza ou a creación de bolsas de contratación de persoal de limpeza así como a reducción das subcontratacións son melloras introducidas polo BNG no documento orzamentario.

Destacamos como ausencias importantes, dúas: as partidas para abrir rúas no casco urbán como é o caso da Paraza do Ameniral á Rúa Tarrío ou a Rúa dos Muiños á Avenida do Concello. Por outro lado a proposta do BNG da xestión directa da atención dos dependentes non figura no orzamento, senon que se prevé a súa externalización.

Agora agardamos ver a proposta final para poder trasladala ao Consello Local e ao propio Grupo municipal do BNG para facer unha avaliación no seu conxunto.

Nas datas nas que estamos preocúpanos moito a falla de cartos para facer as obras pendentes desde 2007 estando en risco obras como o muro de contención do camiño das Chancas..

O portavoz nacionalista, Manuel Polo, manifestou que a vontade do BNG é que Fene conte cun orzamento xa para non causar máis problemas aos veciños e ás empresas que teñen pagos atrasados. Queremos lembrar, desde o BNG, que é a primeira vez na historia que o concello de fene está dous anos enteiros sen orzamentos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario