lunes, 8 de marzo de 2010

O BNG urxe a construción dos vestiarios do Campo de fútbol dos Pinares.




O concello de Fene careceu nos últimos tres anos dunha xestión axeitada dos importantes recursos recibidos para as instalacións deportivas. No inicio do mandato había xestionado, polo goberno anterior do BNG, 300.000€ procedentes da Consellaría de Cultura para remodelar o pavillón do Ramo en Barallobre, investimento que se realizou e que está a agardar a colocación do chan deportivo. Esta segunda actuación figura nun convenio enviado o verán pasado pola deputación Provincial xunto cos vestiarios do campo e fútbol dos Pinares. Ningunha das dúas obras está iniciada. O pavillón permanece pechado impedindo o seu uso tanto para o colexio do Ramo como para os equipos en xeral. No caso do campo de fútbol dos Pinares pasa algo semellante, logo de 2 anos de espera, ven de porse en uso, improvisadamente, sen realizar a obra dos vestiarios co que van ter que compatibilizar as obras de construcción dos mesmos e o uso da instalación. O CCDR Perlío conta con máis de 100 xogadores de fútbol dende a base aos modestos que estiveron adestrando e competindo todo o ano pasado e o actual en condicións pouco axeitadas debido á mala programación das obras.

.

Dende o BNG demandamos máis axilidade e menos improvisación nestas obras que afectan a tantas persoas que fan deporte no noso concello.

No hay comentarios:

Publicar un comentario