viernes, 12 de marzo de 2010

O BNG aposta por un plan de mellora dos camiños municipais cos programas de cooperación

A Consellaría de Traballo e Benestar ten aberto, ate o 3 de abril, o prazo para solicitar Subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades locais.

Para o BNG é imprescindíbel que ao tempo que se promova o emprego é necesario elaborar un Proxecto de mellora dos viais municipais.

Este Proxecto ten que incluir un Plan de rebacheos de camiños, un Plan de pintado de pasos de peóns e bordes das beirarrúas e un Plan de limpeza viaria.
Dada a situación de falta de mantemento de numerosos camiños e a falta de pintado dos pasos de peóns é polo que o BNG proporá que se elebore este proxecto de melloras viarias. Ademais estimanos necesario que co orzamento municipal se complemente este plan con melloras nos edificios públicos, nomeadamente os centros de ensino e as dependencias municipais.

O fomento do emprego ten que ser un obxetivo prioritario para o noso concello onde hai máis de 1000 persoas desempregadas.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario