Comunicado sobre o peche das instalacións deportivas municipais
O concello de Fene a través da concellería de Deportes quere comunicar a todos/as os/as usuarios/as afectados/as que debido o conflicto laboral dos traballadores de instalacións deportivas que estamos sufrir, nos vemos na obriga de pechar as instalacións deportivas, “pavillón A Xunqueira e piscina municipal de Centieiras”. logo das presións exercidas polos piquetes de folga.
Nunha xuntanza mantida polos concelleiros de deportes de Fene, Ferrol, Narón, e As Pontes acordouse:
• Instar a FEGAMP para que medie no conflito laboral que estes traballadores manteñen e que faga as xestións necesarias para que se chegue a un punto de encontro entre as partes.
• Como medida cautelar no concello de Fene ao igual que nos outros tres concellos, as instalacións deportivas estarán pechadas ao público ate o próximo domingo día 7 de febreiro si non se soluciona o conflito ata esa data, en aras de evitar posibles situacións violentas entre traballadores, usuarios, e piquetes informativos.
• No caso que ao longo desta semana non se produzan avances e se desconvoque a folga o vindeiro luns día 8 de febreiro todas as instalacións deportivas abrirán as súas portas.
Lembrarlles que a empresa que leva a cabo os labores de mantemento e monitoraxe de actividade nas instalacións deportivas municipais non secunda esta folga.
E comunicarlles que dende o concello de Fene rogamos saiban comprender a situación allea na que nos vemos envoltos, e ante que tivemos que adoptar unha posición na que prevalece a seguridade persoal, tanto de usuarios que nos confían para o desenvolvemento das súas actividades deportivas nas nosas instalacións, como dos traballadores que nelas traballan.
Fene, 04 de febreiro
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario