martes, 2 de febrero de 2010

O BNG reitera a petición de información ao Alcalde de Fene

O BNG aposta por un debate serio sobre os orzamentos 2010 e non por un paripé mediático. Fene necesita máis traballo e menos improvisación.



Nun escrito rexistrado hoxe no Concello de Fene o Portavoz Manuel Polo Gundín reitéralle ao Alcalde fenés a necesidade de coñecer o estado da economía local. Para o BNG é fundamental coñecer e comparar a situación do Concello para apoiar unhas contas de cara ao presente ano. “O PSOE pasou de pedir unha auditoría hai tres anos a ocultar información“ asegurou Polo. O PSOE tivo na súa man aprobar os orzamentos do 2009 e ten na súa man aprobar os do 2010, e se non o fai é pola falta de ideas e de proxecto de Concello. O ano pasado non foron quen de cadrar as contas e agora nós non queremos que se repita. Fene necesita o orzamento, os veciños e veciñas necesitan que se fagan as obras pendenetes dende 2007 que suman máis de 2 millóns de euros procedentes da Deputación Provincial. Ademais para o BNG é fundamental a creación de emprego polo que no orzamento hai que potenciar a Formación e os Plans de emprego.

Para os nacionalistas feneses é imprescindible ter unha comparativa da evolución orzamentaria, a Memoria da Alcaldía e as Bases de execución, esta documentación é a que explicaría o proxecto orzamentario presnetado.

Tendo rexistrado o BNG o 30 de decembro un documento relativo á redacción dos orzamentos municipais 2010 o PSOE despreciouno e agora pide diálogo, lembramos que neste documento basicamente se pedía información e se marcaban criterio e eixes de actuación.

Sospeitamos que a ocultación de información é para non explicar gastos superfluos e sen control do ano 2009. Temos que lembrar a solicitude, por parte dos concelleiros nacionalistas, de información relativa a numerosas actividades e obras durante o ano 2009 que seguen sen resposta por parte do Alcalde.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario