Todas as forzas políticas e sociais de Galiza, agás o Psdeg-Psoe, apoiaron a iniciativa.
Estamos asistindo a un proceso de reordenación bancaria, impulsado polo Banco de España e o goberno central, que conleva o risco de que Galiza perda as súas caixas de aforro pola deslocalización dos seus centros de decisión, e que estas entidades de carácter social se transformen en entidades financeiras privadas.
Frente a este risco, as institucións galegas de autogoberno reaxiron. O Parlamento galego adoptou por unanimidade o acordo de establecer como prioridade o mantemento da galeguidade das caixas, a súa solvencia, e a necesidade de tramitar por urxencia a reforma da Lei galega de Caixas. Lei que foi aprobada posteriormente por unha ampla maioría do Parlamento.
A resposta do Goberno central a este acto de afirmación do autogoberno galego non pode ser máis desalentadora: presentar un recurso de inconstitucionalidade contra a Lei de Caixas de Galiza que conleva a paralización da súa aplicación nun momento decisivo, o que pode colocalas na situación idonea para que sexan absorbidas por entidades foráneas.
Ante esta situación o Grupo Municipal do BNG solicitou no día de hoxe un Pleno extraordinario co seguinte punto na orde do día.
Único.- Adhesión e apoio do Concello de Fene ao manifesto Galiza ten dereito.
Para o portavoz nacionalista, Manuel Polo, " é o momento de procurar o máximo apoio á Lei de Caixas aprobada do Parlamento de Galiza xa que non é onde indeferente que os centros de decisión vaian para fora ou queden no país". Agora o alcalde de Fene ten 15 días para convocar o Pleno extraordinario.
.
e pensas que o vai convocar jajajajaja.....si non madase madrid o convocaria pero como e o contrario no overan teis ollos
ResponderEliminarSi non convoca o pleno sa sabemos a quen obedece o pueblo de Fene non
ResponderEliminar