MERCADILLO

martes, 9 de febrero de 2010

A improvisación na xestión leva a Puentes a incrementar as privatizacións de servizos

No BNG de Fene asistimos con preocupacíon o incremento de feito das subcontratacións de empresas privadas para realizar obras e servizos que viña facendo o persoal municipal.

Unha xestión do persoal ineficiente leva consigo un deterioro dos servizos publicos que ven prestando o Concello de Fene. Servizos como a limpeza de edificios, a xuda no fogar, a formanción ocupacional, a limpeza viaria o pintado de viais ou as pequenas obras de mantemento estanse a facer cada día con máis empresas mediante contratos verbais que pasan xa con creces de necesidades de reforzos puntuais.

O novo modelo do PSOE leva consigo facturacións de miles de euros en conceptos non controlados por ninguen. Hai que lembrar que o BNG presentou unha enmenda á aprobación do pago de facturas atrasadas do 2008, o pasado decembro, para que fosen explicadas na Comisión informativa de Facenda e o goberno resistese a dar explicacións. “Temos detectado varios miles de euros gastados sen explicación” afirma o portavoz nacionalista. Manuel Polo, ten feitas preguntas sobre obras e servizos cotratados a empresas que carecen de partida orzamentaria e de finanzamento e que perfectamente podía facer o persoal municipal. Programas como Crear emprego foi subcontratado a unha serie de empresas e á UGT na que se gastaron máis de 60.000 e do que non recibimos a información solicitada sobre custes e creación real de emprego, por non falar de facturas da limpeza de colexios que carecen de control. Parece que os orzamneto do 2010 afondan nesta liña privatizadora a falta de máis información que tamén seguimos a agardar.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario