Os nacionalistas non tiveron resposta ás súas propostas presentadas hai mes e medio.
A 17 días de rematar o prazo as obras do concello seguen a ser unha incognita.
O BNG a través do seu portavoz no concello de Fene presentoulle aos grupos políticos unha proposta con obxectivos e actuacións a desenvolver cos 1,5 millóns de euros que o Plan E destina a Fene. A xuntanza tivo lugar na alcaldía a finais de novembro. Entre as obras destacaban o Soterrramento das liñas de Alta tensión en San Valentin e Fene ou a aula de educación física do CEIP de Centieiras. Estas dúas actuación implican unha xestión intensa coa Xunta e con FENOSA no caso das liñas. Un dos obxectivos do BNG é que o Plan E sirva de tractor de investimentos de outras administracións.
Desde o mes de outubro no que se publicou o Plan só o BNG foi quen de presentar unha proposta ao resto de grupos e á sociedade. Pola contra o PP non fixo nin unha soa aportación e Alcalde comentou a posibilidade de realizar un mirador no monte Marraxón e melloras no alumeado eléctrico.
Nas filas nacionalistas non compartimos este xeito de actuar falto de axilidade e de xestión. O PSOE pode levar o Plan á xunta de goberno e aprobalo cos seus únicos votos ou, tal e como se comprometeu o alcalde, pode negocialo cos grupos e que sexa o Pleno o que o aprobe o Plan.
O portavoz nacionalista Manuel Polo dí “o BNG non vai avalar un Plan de última hora e sen negociación previa como ben sendo habitual no concello e se as propostas nacionalistas non valen que o digan e que propoñan unha alternativa xa”.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario