jueves, 7 de enero de 2010

O Pleno do concello de Fene aproba o proxecto para rematar as beirarrúas de Barallobre.


O BNG de Fene dí que Puentes castigou aos veciños de Barallobre pola súa falta de xestión.

“Os nacionalistas de Fene din que o Alcalde vai ter que explicarlle aos veciños de Barallobre porque tardou máis de tres meses en levar este asunto ao Pleno.”

No período 2003-2007 o BNG dende a vicepresidencia da Deputación de Xaime Bello impulsou a inclusión da estrada provincial 3503 no Plan de Estradas Provinciais esta primeira actuación de 800 metros foi adxudicada na primavera do 2007 iniciándose posteriormente as obras. A empresa adxudicataria non tardou en dar mostras da súa debilidade entrando nunha importante crise que a levou a abandonar as obra.

En xuño do ano 2009 a deputación aprobou no seu Pleno a inclusión do remate da obra no Plan de estradas do 2010, para o que encargou un novo proxecto para sacar a licitación o que falta para rematar a obra. O ente provincial remitiulle o 29 de setembro o proxecto ao concello para que fose aprobado polo Pleno. Tres meses máis tarde o 30 de decembro o concelleiro de obras e servizos convoca unha comisión para aprobar o proxecto e a titularidade dos terreos.

Máis de tres meses despois de ser recibido o proxecto no concello é aprobado co lóxico apoio do BNG xa que é unha obra necesaria e que ten que ser rematada xa.

Para o BNG de Fene é imperdoábel tanto abandono na xestión municipal, e máis, moitas e boas explicacións vai ter que dar Puentes e o seu concelleiro de obras por ter adiado sen xustificación a aprobación deste proxecto.
.

1 comentario: