viernes, 15 de enero de 2010

O BNG de Fene pide que o concello tome a iniciativa na axuda ao pobo de Haití.

Ante a catastrofe ocorrida no país centro americán de Haití co milleiros de mortos e feridos. Desde o GM do BNG dirixímonos ao Alcade Iván Puentes para que en nome do Concello de Fene se dirixa ao Fondo Galego de Cooperación para coñecer cales son as medidas previstas para axudar urxentemente ao pobo haitiano e ao mesmo tempo amose o compromiso municipal a facer un esforzo extraordinario para colaborar economicamente e así mesmo axudar a paliar os gravísimos problemas sanitatios e alimenticios que está a pasar o pobo de Haití .

O Portavoz Nacionalisata, Manuel Polo; solicitalle por escrito ao Alcalde que sexa Fene quen tome a iniciativa de colaboración co Fondo Galego de Cooperación para reforar a axuda ao pobo de Haití e ao mesmo tempo por a disposición partida económica adicional e extraordinaria para axudar a paliar os gravísimos efectos do terremoto en Haití.

Fene sempre estivo na vangarda da cooperación internacional e a solidariedade, e desde as filas nacionalistas entendemos que este é un facho no que non podemos dar un paso atrás.
.

1 comentario:

  1. la solidaridad está muy bien. Pero hay que tener presente que trajedias como la de Haiti va a continuar sucediendo; por lo que debiera ser la ONU (con presupuesto y protocolos organizativos para estos casos) quien deba de ocuparse de la gestión el apoyo.

    José

    ResponderEliminar