domingo, 1 de noviembre de 2009

Aproban a licencia de obras da base de Salvamento Marítimo

O Concello de Fene deixou aprobada esta semana a modificación do proxecto da base de Salvamento Marítimo en Vilar do Colo, así como a correspondente licencia de obras.
Deste xeito rematan os trámites municipais necesarios para a posta en marcha dun dos proxectos de maior importancia para o Concello de Fene, segundo destacan desde a administración municipal.

O rexedor socialista, Iván Puentes, xa se ocupou o venres de facer notificar esta aprobación ao Ministerio de Fomento, que será o que desenvolva esta obra.

Puentes lembrou que xa na visita do ministro José Blanco á Capitanía Marítima de A Coruña, a mediados do mes de agosto, éste anunciaba que no Consello de Administración de Sasemar correspondente ao mes de setembro aprobaríase a licitación da que será a nova Base Estratéxica de Loita contra a Contaminación en Fene.

Esta base de Salvamento Marítimo suporá un investimento de dez millóns de euros, convertíndose así nunha das maiores de España para almacenamento de equipos e material. Nese senso, o alcalde fenés adiantaba que “a día de hoxe tan só falta a obtención do permiso de actividade, que o Ministerio de Fomento xa ten solicitado á Xunta de Galicia, polo que a materialización deste gran proxecto está cada vez máis cerca”, dixo.

No tocante á descrición do proxecto, a base de Vilar do Colo situarase nunha parcela de 18.000 metros cadrados localizada no referido polígono.

Así mesmo, Puentes volvía a facer fincapé esta semana non só na “importancia de que Fene conte cunha infraestrutura de tal calado, senón tamén na inminente concreción do comezo das obras; non hay que olvidar que unha vez que estea en funcionamento creará unha treintena de postos de traballos directos”, explicou o rexedor fenés.

Fuente: Diario de Ferrol

No hay comentarios:

Publicar un comentario