sábado, 26 de septiembre de 2009

Un total de 50 postos artesanais invaden as rúas do municipio


Fene transformouse onte pola tarde nun escenario medieval, e así permanecerá até mañá, para celebrar a primeira Feira Franca do termo municipal. Así, 50 postos artesáns estarán presentes nas rúas fenesas, en concreto, na avenida e na praza do Concello.

“Nun principio ían ser máis postos pero por mór do espazo non puideron estar”, sinalou a edila de Medio Ambiente, Amalia García Balado.

Ademais, tamén haberá un recuncho reservado ós máis cativos, que contará con distintas actividades lúdicas.

Neste encontro medieval o que prima é a variedade en canto á oferta, xa que se pode atopar teatro, música, danza, espectáculos de lume, etc. Por exemplo, no día de onte, a parte da apertura da feira, tamén houbo unha cea popular. Un total de 60 persoas desfrutaron deste convite por tan só 10 euros. Hoxe a lectura dun pregón, a partir dás 11.00 horas, anunciará a continuidade da festa. A música e as obras de teatro percorrerán as rúas onde están ubicados os postos artesanais para amenizar a visita dos veciños. Coa chegada da tarde os espectáculos de marionetas e de lume estarán acompañados da danza do ventre. E por se isto fose pouco, haberá tamén un concerto de música celta.

Aspecto que presentaban onte as rúas fenesas


Sábado 26 de Setembro

Maña
11.00 Pregón e Inauguración e pasacalles.
11,00 Apertura das paradas
11,30 Recuncho infantil
11,30 Talleres de oficios antigos
12,00 Teatro de rúa
12,30 Músicos Celta e danza do ventre
13,00 Teatro de rúa
13,30 Músicos Celtas e danza do ventre

Tarde

18,00 Apertura das paradas
18,00 Músicos Celtas e danza do ventre
18,30 Talleres de oficios antigos
18,30 Recuncho infantil.
19,00 Teatro de rúa
19,30 Músicos Celtas e danza do ventre
20,00 Teatro de marionetas.
20,00 Talleres de oficios.antigos
20,30 Teatro de rúa
21,00 Músicos Celtas e danza do ventre
22,00 Espectaculo de lume e danza do ventre. Concerto de Música Celta

GALERIA FOTOGRAFICA









agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

1 comentario:

  1. Pues te acabo de descubrir por pura casualidad.
    Todo un descubrimiento tu blog Jacobo, buenísimas fotos con interesantes comentarios llenos de experiencia. Enhorabuena por tu trabajo, el blog es muy bueno!!!
    Saludos de un ferrolano desde cataluña.

    ResponderEliminar