viernes, 21 de agosto de 2009
Perda dos cursos de formacíón do Plan FIP
O Bloque Nacionalista Galego de Fene, informou esta mañá que vai presentar un escrito dirixido ao Alcalde, Iván Puentes, solicitando información acerca da perda dos cursos de formación do Plan FIP. Uns cursos concedidos pola Xunta de Galicia ao Concello de Fene no pasado mes de maio. Os nacionalistas amósanse alarmados pola perda destes cursos de formación ocupacional.
Trátase de 3 cursos, un de albañilería, un de encofrado e un de cachotería, aprobados no seu dia polo goberno autónomo. A xunta local de goberno aprobou o pasado 11 de xuño as bases de contratación de monitores, con anuncio en prensa publicado o 14 do mesmo mes. No mesmo mes de xuño seleccionouse ao alumnado, que alcanza as 45 persoas, que recibirían unha bolsa axuda como mínimo de 125 euros ao mes.
Segundo os nacionalistas, esas persoas xa seleccionadas viven con intranquilidade a falla de noticias. Máis agora cando a Xunta de Galicia vén de retirarlle os cursos ao Concello de Fene, por non ter realizado a tempo a selección dos monitores.
O BNG lembra que foi no ano 1986 cando o Concello de Fene planificou o primeiro proxecto de Formación Ocupacional. Dous anos despois o Instituto Nacional de Emprego (INEM) concedeu a Fene a categoría de centro colaborador e homologa a maior parte das especialidades que se impartían nos primeiros cursos de Formación Ocupacional. Fene convertérase, xunto con Arteixo, Cambre, Carballo, Culleredo e Corcubión, nun dos municipios da provincia, innovadores nesta área.
Foron moitos anos de esforzo por dar unha oportunidade formativa e laboral a milleiros de xoves que estaban abocados a seguir sumando as taxas de paro. En 1991 o INEM aproba a creación da Escola Obradoiro de Fene, un proxecto máis completo de tres anos de duración, ás que seguiron outras iniciativas similares, impulsadas en boa medida polo finado concelleiro do BNG Francisco Allegue.
Os nacionalistas lamentan que agora se tire pola borda tantos anos de traballo, polo que cualifican desleixo e abandono.
Fuente:Radiofusión
Les mostramos la información publicada en FENE CIDAN, el 27 de mayo de 2009 notificando dichos cursos.
Concellería de Organización, Persoal, Emprego e Participación Cidadá
Organización e Persoal comeza coa programación para os cursos do Plan FIP
27 de maio de 2009
As accións formativas dirixidas a traballadores desempregados permitirá formalos como albaneles, encofradores/as ou cachoteiros/as.
A Concellería de Organización, Persoal e Emprego, dirixida polo socialista Juan Manuel Lourido, ven de recibir o visto bo da Consellería de Traballo para a realización dos cursos do Plan FIP (Formación e Inserción Profesional).
A Concesión destas accións formativas, que este anos anteriores xa contaron cunha exitosa porcentaxe de inserción laboral, puxo en marcha a programación que estes días se pode atopar xa a modo de tríptico na casa do Concello e na Área de Formación e Emprego.
Este ano se realizarán tres cursos: albanel/a, encofrador/a e cachoteiro/a.
A posibilidade de acceder aos cursos ven determinada polo cumplimento de dous requisitos. Por unha banda, están dirixidos a demandantes de emprego inscritos no Servizo Público de Emprego. Logo de encher a solicitude, os aspirantes deberán pasar tamén unha proba escrita.
O curso de albanel/a durará 760 horas, e valerá para capacitar ao alumnado nesta profesión, aprendendo tarefas coma levantar obras de fábrica con ladrillos, pedras e bloques de cemento, a construcción de cubertas cerámicas e o revestimento con tellas.
O programa formativo do curso de encofrador/a terá unha duración de 750 horas. Capacitará aos alumnos e alumnas na realización de encofrados metálicos e de madeira. Aprenderán a organizar e preparar a faena e os equipamentos, ferramentas e materiais. Asimesmo, ao finalizar o curso deberán coñecer como realizar e desmontar encofrados para pezas de formigón.
No caso do curso de cachoteiro/a, cunha duración de 760 horas, as persoas que o completen rematarán capacitados para a construcción e revestimento de muros de pedra, a construcción de paramentos de mampostería en muros de dúas follas e trasdosados e a construcción de muros e pilares de mampostería e mixtos.
Os tres cursos se completan tamén cun módulo básico de prevención de riscos laborais e un módulo de formación para a igualdade.
O edil de Persoal e Traballo admitía que “a concesión destes cursos era sen dúbida unha moi boa nova, non só porque ven a demostrar o traballo ben feito dende esta área na programación dos mesmos, senón porque valerá para incentivar a formación de persoas que se atopen neste momento en situación de desemprego co obxectivo de superar as porcentaxes de inserción laboral de anos anteriores”.
Pola súa banda, o Alcalde resaltaba tamén “a importancia que no actual marco económico ten o feito de seguir apostando polas políticas de formación para o emprego xa que neste caso en concreto son o complemento perfecto á acción do goberno central no eido da incentivación da obra pública. Asimesmo, supón unha oportunidade para que as mulleres tamén se poidan formar en profesións ata agora ligadas ao mundo masculino”.
Con respecto á solicitude de información ou inscricións, os interesados/as o poderán dirixirse á Área de Formación e Emprego Pancho Allegue (981.492.767).
Nosotros nos preguntamos. ¿Qué pasa en el concello? ¿A quien se le echara la culpa ahora? El perder estés tres cursos.
.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Que esperades desta corporación, se son iguais que o goberno, uns tramposos.
ResponderEliminarMoitas promesas nas eleccións. Bla..bla..bla? e ao fondo do saco. Pero temos o que merecemos
Sempre que goberna a banda fachosociata as condicións laborais empeoran notablemente. A situación tende a achegarse á que existe nos paises socialistas, onde a miseria e a escravitude son a norma.
ResponderEliminarEstou co comentario anterior temos o que merecemos.
Soamente isto ocorre en Fene. Deixar 2.270 horas vacantes que suman os tres cursos. Como en Fene, non existe crises? Non me fagan rir. Pero lembren que o PSOE pechou Astano e non tardaran en pechar Navantia. ¿Por que o señor Iván non apoia a volta de Astano á construción naval? ¿De quen recibe ordenes? ¿Quen é primeiro ¿a poboación de Fene, ou as ordenes de Madrid?.
ResponderEliminarPero, como diría a miña nai: "polo menos non o pecharon de todo": Así nos luce!. Tragamos co que nos boten por calquera motivo. Téñennos "acolloados" a todos.
Veciños de Fene despertemos dunha vez?..
Veciños, pensemos!....