
Do 6 ao 8 de Maio
Mércores 6, ás 20,30 horas.- Conferencia inaugural sobre D. Ramón Piñeiro López impartida por
D.Henrique Dacosta López
Profesor de Lingua Galega e Literatura e escritor
Xoves 7, ás 21,00 horas.- O grupo de teatro da A.V.V.de Limodre, baixo a dirección de D. Jesús Bello Rey, porá en escea a obra:
“ OS CRAVOS DE PRATA”
Venres 8, ás 21,00 horas.- Velada musical amenizada por:
Rondalla Estrelecer do Circulo Mercantil e Industrial Unidade de Fene e a
Rondalla Sonidos del Alba de Caranza.
Ao remate degustación de MANXARES da terra e a tradicional QUEIMADA.
Co gallo da celebración das Letras galegas convócase un:
Concurso literario de Poesía galega
Coas seguintes categorías e especificacións:
Categoria infantil (8 a 10 anos) un poema, orixinal e inédito, de entre 4 e 10 versos, por autor, baixo o Tema “A NAI”.
Categoria xuvenil( 11 a 15 anos ) un poema orixinal e inédito de entre 12 e 20 versos, por autor, baixo o Tema “A NAI”.
Categoria adulto (máis de 15 anos) un poema orixinal e inédito de entre 20 e 40 versos, por autor, con Tema libre.
Entre os traballos presentados, un xurado especializado, seleccionará 2 finalistas de cada categoría que recibirán un agasallo, A o remate da conferencia os rapaces leeran os seus traballos.
A entrega dos poemas faráse no local da Sociedade nun sobre aberto e sen marcar antes do 25 de abril. No interior debe figurar, agás do poema, un sobre pechado que incluirá unha folla co nome completo, enderezo, D.N I. e data de nacemento.
NOTA.- Neses días haberá unha Exposición de traballos desenvolvidos nos Obradoiros da Sociedade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario